lunes, 14 de diciembre de 2009
Lotería do Neno 2010
Baixa Limia, 2 - Verín, 1
martes, 24 de noviembre de 2009
Fotos
Se queredes tamén podedes facer comentarios nelas.
É posible velas en distintos tamaños e, por suposto, baixalas.
Gayol, eterno


domingo, 1 de noviembre de 2009
Terras de Bouro, 3 - Baixa Limia, 0
martes, 29 de septiembre de 2009
Baixa Limia, 0 - Melgaço, 0
jueves, 17 de septiembre de 2009
Baixa Limia, 1 - Santiago de Compostela, 2
jueves, 16 de julio de 2009
Resultado do escrutinio de Vila do Conde
Sindo 2 votos
Mariño 1 "
Zé Carlos 2 "
Marinho 12 "
Jmorais 2 "
Agacha 2 "
Freitas 1 "
Xavier 1 "
Duarte 3 "
Vítor 2 "
Galán 3 "
Domingos 1 "
Lima 3 "
Carlos Alberto 1 "
Marcador
Mariño 23 "
Jmorais 3 "
Freitas 1 "
Afonso Carvalho 2 "
Xaxo 2 "
Vítor 1 "
Miguel 1 "
Valente 1 "
Rompe-Pernas Espanhol
Sindo 1 votos
Mariño 5 "
Gayol 15 "
Agacha 1 "
Xavier 8 "
Sierra 1 "
Valente 1 "
Pepe 1 "
Votos nulos 1
Rompe-Pernas Português
Zé Carlos 13 votos
Marinho 1 "
Freitas 17 "
Afonso Carvalho 2 "
Ramalho 2 "
Vitor 2 "
Melhor Curriculum:
1º Marinho de Portugal
2º Galán e Duarte ex aequo
1º Mariño de Espanha
2º João Morais de Almeida
3º Xaxo e Afonso ex aequo
Rompe-Pernas de Espanha:
1º Gayol
2º Xavier
3º Mariño de Espanha
Rompe-Pernas de Portugal:
1º Freitas
2º Zé Carlos
3º Ramalho e Afonso ex aequo
Atleta com mais votos em todas as categorias:
1º Mariño de Espanha
2º Freitas
3º Zé Carlos
A Comissão de Eleições delibera, por unanimidade, face à não apresentação de qualquer reclamação ou recurso dar por válida a contagem dos votos e fixar definitivamente os resultados acima descritos
Intensos debates nos instantes previos á votación
lunes, 13 de julio de 2009
Gran festa en Vila do Conde
Foi un partido moi disputado, coma todos. Había algunhas baixas nos dous equipos, suplidas por xogadores de calidade. A espectación era grande. Seica había incluso entrenamentos secretos; hai quen di que viron a Plácido a media noite facendo controles de balón no campo da festa de Muiños, a Mariño correndo cara Olelas, a Xavier facendo músculos coas alpacas do feno, a Marinho (o de Vila do Conde) botándolle unha boa bronca a algúns dos seus (Lima, Carlos Alberto, Ramalho, Vitor, Domingos...) por non escoitar con atención a charla táctica.
Cando comezou o partido, enseguida se viron as intencións dos dous equipos, intentando tocar a bola no medio do campo, abrindo o xogo ás bandas e coidando moito de non deixar a defensa descuberta. Houbo algunhas ocasións por ambos bandos pero sen chegar a concretarse. Ata que de repente Agacha víu un despiste da defensa e púxolle un balón en profundidade a Pedro que resolveu con contundencia.
A segunda parte foi máis do mesmo. Houbo outro gol, concretizado con frialdade, como non, por Mariño, empeñado en seguir aumentando a súa xa escandalosa cifra de goles (¿alguén recorda cantos leva na súa traxectoria?). Parte do mérito está nas novas "chuteiras" de Xavier que deixaron deslumbrados ós rivais cando se colou ata a liña de fondo para dar o balón atrás.
O Vila do Conde apretou moito e é xusto recoñecer que o resultado máis xusto houbese sido un empate. Ocasións houbo para elo, como cando unha vaselina perfectamente executada foi bater no poste cando xa se cantaba o tanto.
Os árbitros non influíron no marcador, a pesares dalgunhas queixas ailladas. Tanto Marinho como Galán foron capaces de compaxinar con maestría a súa labor de entrenadores e colexiados.
A animación foi constante. Como esquecer o "documental" que nos proxectou Vitor sobre encontros anteriores, a gracia e o dinamismo sin fin de Carlos Alberto, o grupo musical improvisado que nos amenizou a velada, ... ¡Que pena que, de repente, sexa a 1:30 h. da mañá e aínda nos esperen dúas horas de viaxe! Agora que algún xa botara unha cabezadinha e empezaba a estar animado de novo (¿verdade, Alfonso?). Coa firme intención de seguir mantendo estes encontros tan amenos, despedímonos.
Este ano aínda queda o partido de volta. Parece que os entrenadores, descontentos con nivel físico dos xogadores, teñen preparados duros entrenamentos ... a porta cerrada.
Será nese partido cando se entreguen os premios ó mellor currículum, ó mellor marcador, ó mellor rompepernas de Vila do Conde e da Baixa Limia. Hai intriga por coñecer o resultado da votación feita durante a cea. En breve comunicaranse os gañadores a través deste blog.
Aí van unhas cantas fotos
A tensión ía por dentro
O voo maxestuoso de Alfonso
Vitor e a súa encantadora sogra
Os asadores
¿Seguirán comentando O GOL?
Parecemos profesionais
domingo, 14 de junio de 2009
11 Xullo Vila do Conde - Baixa Limia
- Melhor curriculum (serão avaliados os últimos 10 anos).
- Melhor marcador
- Melhor rompe-pernas de cada equipa (serão avaliados até 2008, o presente jogo não conta)
Javier Rodríguez
domingo, 24 de mayo de 2009
Nova data para a camiñata a Pena da Anamán
Parece ser que Valentín fíxose cuns queixos e unhas botellas de viño durante a súa estancia en Extremadura e quere compartilos cos que se atrevan a facer a camiñata. Así que aí tedes un argumento máis para animarvos.
Para calquera información adicional podedes poñervos en contacto con Plácido. El informaravos de todos os detalles. É conveniente que comuniquedes se vades asistir, por si acaso as vituallas de Valentín houbera que complementalas con algunha empanada de Sindo ou outra cousa. Por suposto, se queredes, podedes e debedes levar muller, fillos ou achegados/as.
Tamén tedes que saber que os camaradas Plácido e Cinco ten feito algunha saída en bicicleta e proponnos que nos sumemos a súa iniciativa, certamente interesante.
Veña, animádevos a participar.
jueves, 21 de mayo de 2009
Baixa Limia - Curas Arraianos
Cos Veteranos da Baixa Limia produciuse o debut de Jaime, un defensa aguerrido non exento de clase, que sen dúbida algunha aportará moito ó grupo.
sábado, 21 de marzo de 2009
Próxima actividade: Camiñata Pena Anamán
A idea constiste en seguir un dos infinitos pasos do "contrabando de supervivencia" que houbo na nosa zona.
Os atractivos da ruta son innumerables, pero tal vez conveña destacar dous: o dolmen da Casa da Moura, nun bo estado de conservación e que non lle desmerece en nada a outros de máis sona. Espetada no alto da serra está a mole granítica da Pena da Anamán, un dos tótems da Baixa Limia; se prestades algo de atención aínda poderedes ver a silueta do Tomás das Quingostas, o noso Curro Jiménez, escondéndose detrás dos penedos.
Tanquilos, tampouco nos esquecemos da paisaxe, pero eso, na Baixa Limia, ¿fai falta recordalo?
A "meta" estará situada na Vila de Castro Laboreiro, onde haberá que repoñer forzas. E que mellor forma de facelo que con bo bacalhao.
As datas que se están manexando son as de Semana Santa. Non está aínda fixado o día exacto, pero por aí. ¿Que tal o domingo 5 ou o Xoves Santo 9?
Os que esteades interesados facédeo saber, por exemplo a Plácido. Lembrade que a nosa forma física nos últimos partidos ten fallado algo e seguramente o noso entrenador Galán verá con bos ollos esta camiñata para ver se mellora.
Animádevos
domingo, 8 de marzo de 2009
Baixa Limia - Terras de Bouro
O sábado 28 de febreiro en Lobios celebrouse un dos tradicionais encontros anuais entre os Veteranos da Baixa Limia e os veciños de Terras de Bouro, comandados polo amigo Julio. O partido foi moi disputado por ambos bandos, pero presidido pola deportividade de sempre, aínda que houbo que lamentar algunhas lesións de certa gravidade, accidentais eso si.
O resultado nesta ocasión foi favorable ós da Baixa Limia por 2-0, con goles do "goleador de goleadores" Mariño, logo dun centro milimétrico de Cinco, e do escurridizo Xaxo, cunha sutileza exquisita. É importante destacar o excelente plantexamento táctico do "coach" Galán, un home sabio, como demostra o feito de que, ante a previsible falta de sincronización dos seus xogadores, decidíu actuar de árbitro, para estar máis preto do xogo e facer chegar máis facilmente as súas consignas. Abofé que o conseguíu.
A cea de confraternización, moi animada, tivo lugar no Restaurante Lusitano de Lobios, onde Javier, un dos nosos socios, nos ofreceu un "reparador" banquete coa calidade de sempre. Non faltaron os típicos comentarios postpartido, sobre o árbitro e a súa doble función; a seguridade dos porteiros, que impedíu un marcador máis abultado; as subidas pola banda de Pepe da Feiravella, que causaban espanto no rival; os quilómetros que fai Sierra no partido; a inoportuna recaída da lesión de Valentín; a contundencia de Sindo; o cambio de posición de Gayol, terror de dianteiros e agora tamén de porteiros, ...
Aquí tedes algunhas fotos
"Goleador de goleadores", Mariño
A loita sen cuartel de Pena
A concentración extrema de Narín
domingo, 1 de marzo de 2009
Presentación
Toda a Baixa Limia (Muiños, Entrimo, Lobios, Bande, Lobeira) unida . A utopía que os políticos nunca alcanzan, consíguenna os Veteranos da Baixa Limia co fútbol como excusa. Sen localismos absurdos, sen protagonismos, continúan (e xa van moitos anos) a levar con orgullo o nome da súa terra por onde van.
Do seu bo facer poderían dar conta en moitos lugares, en Portugal (Vila do Conde, Caldas da Raíña, Melgaço, Terras de Bouro, Montalegre, …), Puebla de Sanabria, Segovia, Vilalba, Viveiro, Xinzo, Lalín, Mondoñedo, Manzaneda, Tui, A Gudiña … e ata en Cuba. E tamén quen os ten visitado, entre os que hai equipos de postín coma o Atlético de Madrid ou o Celta. Gañan e perden, pero sempre ten prioridade a deportividade, a amizade, a camaradería e … as moitas risas, os principios que un día motivaron a súa creación.
¿E como se financian? Case exclusivamente coas súas aportacións particulares; así pagan os seus desprazamentos en autobús, as comidas de confraternización e demáis gastos.
Terá que chegar a hora na que as autoridades da zona se dean conta da importante labor que están a facer e os axuden a continuar a bonita tarefa divulgativa da Baixa Limia.