O sábado 26 xogamos en Entrimo contra os veteranos de Melgaço. Xa facía algúns anos que eso non sucedía, e por elo alegrámonos especialmente por retomar este vello contacto.
En canto ó partido, a deportividade foi a nota predominante e, a pesares do bo xogo dos dous equipos, non conseguimos mover o marcador. A mellor ocasión pola nosa parte foi un penalty executado por Sierra, coa súa sutileza habitual, pero que nesta ocasión non conseguíu bater o porteiro rival que realizou unha gran intervención.
Á conclusión do encontro tivo lugar no Mesón de Entrimo a habitual comida de confraternización, onde tamén houbo empate técnico, pero neste caso non a cero.
Agardamos con interés a devolución da visita a Melgaço onde a excelencia dos terreos de xogo permitirá unha maior fluidez no noso xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario