jueves, 17 de septiembre de 2009

Baixa Limia, 1 - Santiago de Compostela, 2



O domingo 6 de setembro xogamos contra un equipo de Santiago que nos visitou en Lobios. Baixo unha calor infernal, ningún dos equipos conseguíu manter un bo ritmo de xogo. O gol local, despois de moitas ocasións erradas (botouse claramente de menos a eficacia de Mariño), foi obra de Narín, logo dunha xogada moi embarullada.

Como sempre a deportividade foi a nota dominante, exceptuando algún episodio aillado.

Neste encontro compre reseñar a destacada actuación de Gayol como dianteiro centro, que trouxo constantemente en xaque a defensa visitante.










No hay comentarios:

Publicar un comentario