Logo duns partidos nos que os resultados non acompañaron os Veteranos da Baixa Limia volveron ó camiño da victoria.
A intensidade e o ritmo de xogo, en parte motivados pola masiva concurrencia de xogadores, marcaron o partido. Por momentos o rival viuse acorralado ante a avalancha de xogo local. E eso que non eran un torcebotas; tocaban, peleaban e competían a un altísimo nivel e con moita nobreza. Sin duda a súa escasez de banquiño impedíu que conquerisen un resultado mellor.
O Verín adiantouse no marcador na primeira parte, pero dous goles de Espinete e Pedro na segunda déronlle a volta ó partido. Nas filas dos da Baixa Limia produciuse o debut de César, de Grou, que foi un dos destacados.
Coma sempre, por suposto, á finalización do encontro compartimos unhas cervexas e uns pinchos no Lusitano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario