domingo, 24 de mayo de 2009

Nova data para a camiñata a Pena da Anamán

Xa hai nova data para a anunciada subida a Pena da Anamán. Será o próximo 7 de xuño, domingo, según o programa que xa indicaramos na outra entrada. A saída será desde Venceáns ou Queguas.

Parece ser que Valentín fíxose cuns queixos e unhas botellas de viño durante a súa estancia en Extremadura e quere compartilos cos que se atrevan a facer a camiñata. Así que aí tedes un argumento máis para animarvos.

Para calquera información adicional podedes poñervos en contacto con Plácido. El informaravos de todos os detalles. É conveniente que comuniquedes se vades asistir, por si acaso as vituallas de Valentín houbera que complementalas con algunha empanada de Sindo ou outra cousa. Por suposto, se queredes, podedes e debedes levar muller, fillos ou achegados/as.

Tamén tedes que saber que os camaradas Plácido e Cinco ten feito algunha saída en bicicleta e proponnos que nos sumemos a súa iniciativa, certamente interesante.

Veña, animádevos a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario