domingo, 8 de marzo de 2009

Baixa Limia - Terras de Bouro



O sábado 28 de febreiro en Lobios celebrouse un dos tradicionais encontros anuais entre os Veteranos da Baixa Limia e os veciños de Terras de Bouro, comandados polo amigo Julio. O partido foi moi disputado por ambos bandos, pero presidido pola deportividade de sempre, aínda que houbo que lamentar algunhas lesións de certa gravidade, accidentais eso si.

O resultado nesta ocasión foi favorable ós da Baixa Limia por 2-0, con goles do "goleador de goleadores" Mariño, logo dun centro milimétrico de Cinco, e do escurridizo Xaxo, cunha sutileza exquisita. É importante destacar o excelente plantexamento táctico do "coach" Galán, un home sabio, como demostra o feito de que, ante a previsible falta de sincronización dos seus xogadores, decidíu actuar de árbitro, para estar máis preto do xogo e facer chegar máis facilmente as súas consignas. Abofé que o conseguíu.

A cea de confraternización, moi animada, tivo lugar no Restaurante Lusitano de Lobios, onde Javier, un dos nosos socios, nos ofreceu un "reparador" banquete coa calidade de sempre. Non faltaron os típicos comentarios postpartido, sobre o árbitro e a súa doble función; a seguridade dos porteiros, que impedíu un marcador máis abultado; as subidas pola banda de Pepe da Feiravella, que causaban espanto no rival; os quilómetros que fai Sierra no partido; a inoportuna recaída da lesión de Valentín; a contundencia de Sindo; o cambio de posición de Gayol, terror de dianteiros e agora tamén de porteiros, ...

Aquí tedes algunhas fotos



Todo baixo control para o gran capitán, Plácido


"Goleador de goleadores", Mariño


A loita sen cuartel de Pena

A concentración extrema de Narín

1 comentario:

  1. !temos q seguir na mesma linea!, por q os curas portugueses seica se queren enfrentar ,nun partido sen "ostias",a nos no mes de maio.

    por outra banda,propoñovos Facera ruta de sendeirismo q comeza no pobo do Xavier e finaliza na vila de castro cun bo bacallao.

    para rematar,fagovos saber q estamos facendo saidas en bicicleta , os domingos a maña,por a zona da Baixa Limia(Salgueiro,....)si aguen esta interesado q se poña en contacto co Cinco.
    polo de agora nada mais ,unha aperta

    ResponderEliminar