Primeira incursión dos Veteranos da Baixa Limia en Vieira do Minho. Co autobús de Lino a rebosar e aínda algúns coches particulares, zigzagueando polas fermosas paisaxes do Gerés, subiendo e baixando, a maior parte da nosa "plantilla" participou neste desprazamento.
O partido voltou a poñer dos nervios ó noso adestrador, Galán. Un inicio espectacular, co equipo moi ben prantado no terreo de xogo, creando ocasións, tocando a pelota e despregando unha solidaridade descoñecida, fíxonos recordar tempos mellores. 0-2 e poideron ser máis. Dous golazos de Valentín, o primeiro de falta e o segundo de impresionante trallazo desde fora da área, facían xustiza a este bo facer. Pero foi un espexismo: ó descanso xa nos empataran. No segundo tempo o equipo tirou de orgullo e botouse para arriba, usando un tópico, con máis corazón que cabeza, pero o porteiro local soubo resolver con acerto as ocasións de perigo. Un penalti discutido e unha contra deixaron o resultado final en 4-2, remontable no encontro de volta, a celebrar en breve. Galán, feito un basilisco na banda, xuraba en arameo; por fin, despois de tempos inmemoriais, vira opcións de triunfo, pero tampouco desta volta puido ser. Empeza a estar claro que fai falta un replantexamento táctico que se adecúe máis ás nosas actuais circunstancias físicas e de idade.
En canto os nosos rivais, non se puxeron nervosos cando o marcador lles era adverso e, cun xogo combinativo, foron pouco a pouco facéndose co control do partido. Souberon xogar as súas bazas, digamos que tuveron a paciencia suficiente para irnos "madurando", ata que tiveron a oportunidade de facernos dano. Só nos queda felicitalos pola victoria.
Como era tamén de esperar foi un encontro limpo, sen brusquedades, aínda que ímpetu por gañar provocou algún golpe sen importancia. O colexiado, dos de verdade, Zaldúa, deixou a (case) todos satisfeitos, polo que a súa labor hai que calificala de moi boa.
No "terceiro tempo" houbo maior igualdade. Nun local perfectamente acondicionado para estas "ceremonias", en plena Serra da Cabreira, demos boa conta das viandas que nos ofreceron os nosos anfitrións. Será complicado igualalos na nosa terra. Boa carne, bos queixos, bo xamón, bo guiso de cabrito ben picante, tarta futboleira, ..., en fin, o suficiente (ou máis que suficiente) para recuperar as calorías perdidas no terreo de xogo. Con dous brillantes discursos (pola nosa banda a cargo de Cinco), cargados de palabras de agradecemento mutuo e expresando o desexo de que este contacto se manteña no futuro, puxemos fin a velada.
Quedábanos hora e media ata Lobios e, aínda que tarde, Lino non quixo deixar de probar un novo atallo, desta vez sen éxito. Unha parada breve no Gerés e música setenteira aliviáronos a dureza da viaxe.
Non debemos pechar esta breve crónica sen manifestar o noso especial agrademento os organizadores, o Sr. Domingos, por parte de Vieira de Minho, que en todo momento estivo pendente de que todo saíse ben, e a Cinco, gran gurú e guía sabio dos recunchos infinitos do Gerés.
Buenos días.
ResponderEliminarDesde la capital del país vecino (Madrid)
He estado revisando la cronica de una muerte anunciada, que es lo que fue el partido del sabado pasado contra los amables vecinos de Vieria do Miño, y estoy totalmente de acuerdo con nuestro insigne y polifacetico blogero.
He estado revisando los comentarios y he visto que somos unos desagradecidos, que tan siquiera dejamos un comentario.
Aqui queda reflejado el mio, muchas graciñas por el esfuerzo y por mantener este diario, tendremos que trabajar para conseguir que puedas informar sobre una victoria, ese es el reto.
Pd:Que nadie se rasgue las vestiduras, si es castellano, pero estoy buscando un buen traductor para que el proximo comentario pueda hacerlo en galego (aunque sea normativo).
Así me gusta, que se fagan comentarios. Ó fin e ó cabo o blog é de todos e só pode ter vida se moitos participamos nel.
ResponderEliminarBos días.
ResponderEliminarComo prometi, encontre un tradutor de Castelán vs Galego que segun a miña muller é de confianza.
Non teño moito mais que contar, salvo que este fin de semana andare por aquelas terras, que dependendo de se engano ao meu sogro ou non, apuntarme a esa camiñada que teniais pendente á Peneda.
E bo espero os vosos comentarios para saber se sigo con este tradutor ou busco outro.
Un Saúdo a todos.