domingo, 4 de septiembre de 2011

Caldas da Rainha,

Por segunda vez nas nosas andanzas veteranas desprazámonos a Caldas da Rainha. Foi unha pena que diversos compromisos persoais e familiares impediran que fose máis xente, porque esta é unha das viaxes que realmente merece facerse. E máis se se ten en conta que o noso veciño Ze, orixinario do Rio Caldo, nos recebe e nos trata con tanta atención e xenerosidade. Convén que se recoñeza tamén a inmensa labor de Cinco na organización.

Saímos cedo, ás 4:00 de Lovios, e Lino Perdiz, conductor avezado e experto guía de todos os recunchos de Portugal, fixo a primeira parada para almorzar na histórica Coimbra. A cidade comeza a desperezarse. Deunos tempo a facer un paseo polas empinada e solitarias (non deberon estar así a noite anterior) rúas.






Para comer detivémonos en Nazaré. Asomámonos á súa longa praia, sen atrevernos a máis (Javi, sí) e cando chegaron os reforzos (Alfonso e o amigo) dirixímonos ó Rest. San Miguel. E aquí botámonos a perder e é onde debemos atopar a abultada derrota da tarde. Digamos que collemos demasiado lastre...






Algo de líquido para aliviar a calor había que tomar en San Martinho do Porto, lugar privilexiado que a falta de tempo nos impedíu disfrutar mellor (Cela aínda se atreveu a catar as súas augas).



Do partido case era mellor non falar. Perdemos estrepitosamente, 4-0. Aínda que, se queremos podemos encontrar algunhas causas: o abafante bochorno, unha comida pouco apta para deportistas, un largo viaxe, ... En fin, quédamos pensar que só poderemos mellorar. A nota negativa estivo na grave lesión de Narín que reaparecía despois de moito tempo. Desde aquí en nome de todos, queremos desexarlle unha pronta recuperación e pedirlle/esixirlle que nos debe acompañar ata que poida volver a xogar, porque el ben sabe o importante do apoio moral para o noso equipo e a axuda técnico-táctica que lle pode prestar a Galán que xa empeza a estar desesperado.



De extraordinaria hai que calificar a cea que nos ofreceron os nosos anfitrións nas Caldas. E, ó seu remate, achegámonos á Foz do Arelho, para albiscar o ambiente . Pero, hai que recoñecelo, xa non estamos para grandes excesos (xa sei que Xaxo e Agacha, de estar, non dirían o mesmo). A unha hora prudente, moi prudente, retirámonos.




O domingo tocaba regresar. Fixemos unha breve parada cultural para visitar a escape Óbidos, á que lle deberiamos adicar máis tempo. Outra vez será.






Para a comida recurrimos a un lugar coñecido, o Rest. Mercado Central en Aveiro. Igual que a outra vez, mereceu a pena.





E con estas collemos de novo a ruta cara a nosa terra (Lino coñece tódalas artimañas habidas e por haber das autopistas portuguesas).




Volveremos.




1 comentario:

  1. gracias polo voso apoio. a recuperación é lenta, pero o importante é que as artes do galán darán bo resultado(é o noso mourinho). narín.

    ResponderEliminar