O partido estivo xa condicionado de inicio cando ós cinco segundos de comezar o señor colexiado, Zaldúa, lle mostra tarxeta amarela a un dianteiro local, o que condicionou claramente o seu xogo a partir dese momento, xa non levantaría cabeza no resto do encontro.
O entrenador interino, Mourinho (perdón, Mariño), arengou a tropa coma só el sabe facelo e a cousa parecía pintar ben cando Sierra, nunha falta sacada con picardía, conectou con Javi da Illa, que con sabiduría fixo o 1-0, batendo ó extraordinario gardarredes Vitor, que por momentos nos recordou a outro Vitor, o Vitor Baía. Pero foi un espexismo, os amigos de Vila do Conde, moi ben plantados no campo, dominando claramente a parcela central onde destacaba unha das súas fichaxes máis recentes (agora non lembramos o seu nome, disculpas).
Dous auténticos golazos na segunda parte, practicamente imparables, deixaron o marcador definitivo en 1-3. Incluso o escurridizo Xaxo, que solidariamente acudíu ó rescate despois de varios partidos de ausencia, foi ben neutralizado pola zaga visitante. Unha certa desazón, mesturada cunha sensación de impotencia, invadíu o noso vestuario.
O postpartido tivo lugar na Entrimeña.
Xa se me esqueceu, despues de ler a cronica, só teño ganas de chorar.
ResponderEliminarO proximo partido xogámolo sen porterias para asegurar o empate a cero.
Vémonos.
Pd: Traducción proporcionada por:
http://www.opentrad.com//demo/
Boa idea. Hai que comentarllo a Galán.
ResponderEliminar... e bo nivel de galego.
Bos días desde a capital do reino (que ninguén se preocupe que eu non o penso, aínda que sexa verdade).
ResponderEliminarEstimado administrador da pagina oficial do mellor equipo de leste e outros mundos, sobre todo doutros, porque ultimamente só aos mortos gañamos (estou a practicar a retranca galega, que o idioma xa o manexo, xa chegase aos poucos).
Sería posible buscar un momento e actualizar a pagina, coa gran, epica e UNICA vitoria dos veteranos de baixa limia desde que eu contribúo co meu humilde esforzo?, é que me fai ilusión ensinala aos meus amigos e non hai maneira!!!!!!!!.
Aproveito para felicitarvos as festas a todos os que non vin o día 24 en Entrimo e que leeis os comentarios do blog, é dicir ..... NINGÚN !!!!!.