jueves, 22 de septiembre de 2011

Os amigos de Vila do Conde visítannos de novo

O próximo sábado 24 de setembro visítannos os nosos amigos de Vila do Conde. A xuntanza será en Entrimo co partido fixado para as 16:30 h.


É este o contacto máis "clásico" de cantos os Veteranos da Baixa Limia teñen entablado. Por iso a palabra amigos vaille mellor a este encontro que a de rivais. Xa son moitos os anos que disfrutamos da súa campechanía e infinitas as historias que temos para lembrar. ¡Cantas gargalladas teremos botado xuntos!


Só nos queda darlles unha vez máis a nosa máis garimosa benvida.

3 comentarios:

  1. E xa vai tocando ganar.¿Ou estamos co sindrome do Madrid e do Barcelona?

    ResponderEliminar
  2. Parece que Galán ten preparada unha revolución táctica. Pero de momento é alto secreto.

    ResponderEliminar
  3. Mentras a dianteira siga na cola do INEM,o equipo contrario pode emplear unha nova táctica.Que é un 5,4,2.Bueno rapaces non pasa nada.Esto é un cambio de Ciclo.
    "SI NOS LADRAN ES QUE CABALGAMOS".

    ResponderEliminar