miércoles, 28 de septiembre de 2011
Baixa Limia, 1 - Vila do Conde, 3
jueves, 22 de septiembre de 2011
Os amigos de Vila do Conde visítannos de novo
domingo, 4 de septiembre de 2011
Vieira do Minho, un novo contacto arraiano
O partido voltou a poñer dos nervios ó noso adestrador, Galán. Un inicio espectacular, co equipo moi ben prantado no terreo de xogo, creando ocasións, tocando a pelota e despregando unha solidaridade descoñecida, fíxonos recordar tempos mellores. 0-2 e poideron ser máis. Dous golazos de Valentín, o primeiro de falta e o segundo de impresionante trallazo desde fora da área, facían xustiza a este bo facer. Pero foi un espexismo: ó descanso xa nos empataran. No segundo tempo o equipo tirou de orgullo e botouse para arriba, usando un tópico, con máis corazón que cabeza, pero o porteiro local soubo resolver con acerto as ocasións de perigo. Un penalti discutido e unha contra deixaron o resultado final en 4-2, remontable no encontro de volta, a celebrar en breve. Galán, feito un basilisco na banda, xuraba en arameo; por fin, despois de tempos inmemoriais, vira opcións de triunfo, pero tampouco desta volta puido ser. Empeza a estar claro que fai falta un replantexamento táctico que se adecúe máis ás nosas actuais circunstancias físicas e de idade.
Caldas da Rainha,
Saímos cedo, ás 4:00 de Lovios, e Lino Perdiz, conductor avezado e experto guía de todos os recunchos de Portugal, fixo a primeira parada para almorzar na histórica Coimbra. A cidade comeza a desperezarse. Deunos tempo a facer un paseo polas empinada e solitarias (non deberon estar así a noite anterior) rúas.
Para comer detivémonos en Nazaré. Asomámonos á súa longa praia, sen atrevernos a máis (Javi, sí) e cando chegaron os reforzos (Alfonso e o amigo) dirixímonos ó Rest. San Miguel. E aquí botámonos a perder e é onde debemos atopar a abultada derrota da tarde. Digamos que collemos demasiado lastre...
Do partido case era mellor non falar. Perdemos estrepitosamente, 4-0. Aínda que, se queremos podemos encontrar algunhas causas: o abafante bochorno, unha comida pouco apta para deportistas, un largo viaxe, ... En fin, quédamos pensar que só poderemos mellorar. A nota negativa estivo na grave lesión de Narín que reaparecía despois de moito tempo. Desde aquí en nome de todos, queremos desexarlle unha pronta recuperación e pedirlle/esixirlle que nos debe acompañar ata que poida volver a xogar, porque el ben sabe o importante do apoio moral para o noso equipo e a axuda técnico-táctica que lle pode prestar a Galán que xa empeza a estar desesperado.
De extraordinaria hai que calificar a cea que nos ofreceron os nosos anfitrións nas Caldas. E, ó seu remate, achegámonos á Foz do Arelho, para albiscar o ambiente . Pero, hai que recoñecelo, xa non estamos para grandes excesos (xa sei que Xaxo e Agacha, de estar, non dirían o mesmo). A unha hora prudente, moi prudente, retirámonos.
O domingo tocaba regresar. Fixemos unha breve parada cultural para visitar a escape Óbidos, á que lle deberiamos adicar máis tempo. Outra vez será.
Para a comida recurrimos a un lugar coñecido, o Rest. Mercado Central en Aveiro. Igual que a outra vez, mereceu a pena.
E con estas collemos de novo a ruta cara a nosa terra (Lino coñece tódalas artimañas habidas e por haber das autopistas portuguesas).
Volveremos.
domingo, 8 de mayo de 2011
Debut nas Neves

Esta crónica resulta, sen dúbida, breve para reflectir todos os bos momentos nas Neves, así que a ver se alguén se anima a ampliar a información nos comentarios.