miércoles, 28 de septiembre de 2011

Baixa Limia, 1 - Vila do Conde, 3

Non se percibían boas sensacións. Calor, relaxación, campo polvorento, ausencia do entrenador habitual, baixas significativas de xogadores, ... Excusas, excusas simples para xustificar o inxustificable. É dificil recordar a última victoria. A moral anda baixa, a forma física tamén, os anos ...




O partido estivo xa condicionado de inicio cando ós cinco segundos de comezar o señor colexiado, Zaldúa, lle mostra tarxeta amarela a un dianteiro local, o que condicionou claramente o seu xogo a partir dese momento, xa non levantaría cabeza no resto do encontro.



O entrenador interino, Mourinho (perdón, Mariño), arengou a tropa coma só el sabe facelo e a cousa parecía pintar ben cando Sierra, nunha falta sacada con picardía, conectou con Javi da Illa, que con sabiduría fixo o 1-0, batendo ó extraordinario gardarredes Vitor, que por momentos nos recordou a outro Vitor, o Vitor Baía. Pero foi un espexismo, os amigos de Vila do Conde, moi ben plantados no campo, dominando claramente a parcela central onde destacaba unha das súas fichaxes máis recentes (agora non lembramos o seu nome, disculpas).



Dous auténticos golazos na segunda parte, practicamente imparables, deixaron o marcador definitivo en 1-3. Incluso o escurridizo Xaxo, que solidariamente acudíu ó rescate despois de varios partidos de ausencia, foi ben neutralizado pola zaga visitante. Unha certa desazón, mesturada cunha sensación de impotencia, invadíu o noso vestuario.



O postpartido tivo lugar na Entrimeña.

jueves, 22 de septiembre de 2011

Os amigos de Vila do Conde visítannos de novo

O próximo sábado 24 de setembro visítannos os nosos amigos de Vila do Conde. A xuntanza será en Entrimo co partido fixado para as 16:30 h.


É este o contacto máis "clásico" de cantos os Veteranos da Baixa Limia teñen entablado. Por iso a palabra amigos vaille mellor a este encontro que a de rivais. Xa son moitos os anos que disfrutamos da súa campechanía e infinitas as historias que temos para lembrar. ¡Cantas gargalladas teremos botado xuntos!


Só nos queda darlles unha vez máis a nosa máis garimosa benvida.

domingo, 4 de septiembre de 2011

Vieira do Minho, un novo contacto arraiano

Primeira incursión dos Veteranos da Baixa Limia en Vieira do Minho. Co autobús de Lino a rebosar e aínda algúns coches particulares, zigzagueando polas fermosas paisaxes do Gerés, subiendo e baixando, a maior parte da nosa "plantilla" participou neste desprazamento.


O partido voltou a poñer dos nervios ó noso adestrador, Galán. Un inicio espectacular, co equipo moi ben prantado no terreo de xogo, creando ocasións, tocando a pelota e despregando unha solidaridade descoñecida, fíxonos recordar tempos mellores. 0-2 e poideron ser máis. Dous golazos de Valentín, o primeiro de falta e o segundo de impresionante trallazo desde fora da área, facían xustiza a este bo facer. Pero foi un espexismo: ó descanso xa nos empataran. No segundo tempo o equipo tirou de orgullo e botouse para arriba, usando un tópico, con máis corazón que cabeza, pero o porteiro local soubo resolver con acerto as ocasións de perigo. Un penalti discutido e unha contra deixaron o resultado final en 4-2, remontable no encontro de volta, a celebrar en breve. Galán, feito un basilisco na banda, xuraba en arameo; por fin, despois de tempos inmemoriais, vira opcións de triunfo, pero tampouco desta volta puido ser. Empeza a estar claro que fai falta un replantexamento táctico que se adecúe máis ás nosas actuais circunstancias físicas e de idade.



En canto os nosos rivais, non se puxeron nervosos cando o marcador lles era adverso e, cun xogo combinativo, foron pouco a pouco facéndose co control do partido. Souberon xogar as súas bazas, digamos que tuveron a paciencia suficiente para irnos "madurando", ata que tiveron a oportunidade de facernos dano. Só nos queda felicitalos pola victoria.



Como era tamén de esperar foi un encontro limpo, sen brusquedades, aínda que ímpetu por gañar provocou algún golpe sen importancia. O colexiado, dos de verdade, Zaldúa, deixou a (case) todos satisfeitos, polo que a súa labor hai que calificala de moi boa.



No "terceiro tempo" houbo maior igualdade. Nun local perfectamente acondicionado para estas "ceremonias", en plena Serra da Cabreira, demos boa conta das viandas que nos ofreceron os nosos anfitrións. Será complicado igualalos na nosa terra. Boa carne, bos queixos, bo xamón, bo guiso de cabrito ben picante, tarta futboleira, ..., en fin, o suficiente (ou máis que suficiente) para recuperar as calorías perdidas no terreo de xogo. Con dous brillantes discursos (pola nosa banda a cargo de Cinco), cargados de palabras de agradecemento mutuo e expresando o desexo de que este contacto se manteña no futuro, puxemos fin a velada.





Quedábanos hora e media ata Lobios e, aínda que tarde, Lino non quixo deixar de probar un novo atallo, desta vez sen éxito. Unha parada breve no Gerés e música setenteira aliviáronos a dureza da viaxe.


Non debemos pechar esta breve crónica sen manifestar o noso especial agrademento os organizadores, o Sr. Domingos, por parte de Vieira de Minho, que en todo momento estivo pendente de que todo saíse ben, e a Cinco, gran gurú e guía sabio dos recunchos infinitos do Gerés.

Caldas da Rainha,

Por segunda vez nas nosas andanzas veteranas desprazámonos a Caldas da Rainha. Foi unha pena que diversos compromisos persoais e familiares impediran que fose máis xente, porque esta é unha das viaxes que realmente merece facerse. E máis se se ten en conta que o noso veciño Ze, orixinario do Rio Caldo, nos recebe e nos trata con tanta atención e xenerosidade. Convén que se recoñeza tamén a inmensa labor de Cinco na organización.

Saímos cedo, ás 4:00 de Lovios, e Lino Perdiz, conductor avezado e experto guía de todos os recunchos de Portugal, fixo a primeira parada para almorzar na histórica Coimbra. A cidade comeza a desperezarse. Deunos tempo a facer un paseo polas empinada e solitarias (non deberon estar así a noite anterior) rúas.






Para comer detivémonos en Nazaré. Asomámonos á súa longa praia, sen atrevernos a máis (Javi, sí) e cando chegaron os reforzos (Alfonso e o amigo) dirixímonos ó Rest. San Miguel. E aquí botámonos a perder e é onde debemos atopar a abultada derrota da tarde. Digamos que collemos demasiado lastre...






Algo de líquido para aliviar a calor había que tomar en San Martinho do Porto, lugar privilexiado que a falta de tempo nos impedíu disfrutar mellor (Cela aínda se atreveu a catar as súas augas).



Do partido case era mellor non falar. Perdemos estrepitosamente, 4-0. Aínda que, se queremos podemos encontrar algunhas causas: o abafante bochorno, unha comida pouco apta para deportistas, un largo viaxe, ... En fin, quédamos pensar que só poderemos mellorar. A nota negativa estivo na grave lesión de Narín que reaparecía despois de moito tempo. Desde aquí en nome de todos, queremos desexarlle unha pronta recuperación e pedirlle/esixirlle que nos debe acompañar ata que poida volver a xogar, porque el ben sabe o importante do apoio moral para o noso equipo e a axuda técnico-táctica que lle pode prestar a Galán que xa empeza a estar desesperado.



De extraordinaria hai que calificar a cea que nos ofreceron os nosos anfitrións nas Caldas. E, ó seu remate, achegámonos á Foz do Arelho, para albiscar o ambiente . Pero, hai que recoñecelo, xa non estamos para grandes excesos (xa sei que Xaxo e Agacha, de estar, non dirían o mesmo). A unha hora prudente, moi prudente, retirámonos.




O domingo tocaba regresar. Fixemos unha breve parada cultural para visitar a escape Óbidos, á que lle deberiamos adicar máis tempo. Outra vez será.






Para a comida recurrimos a un lugar coñecido, o Rest. Mercado Central en Aveiro. Igual que a outra vez, mereceu a pena.





E con estas collemos de novo a ruta cara a nosa terra (Lino coñece tódalas artimañas habidas e por haber das autopistas portuguesas).




Volveremos.