domingo, 1 de marzo de 2009

Presentación




EMBAIXADORES ALTRUÍSTAS DO PARQUE NATURAL DA BAIXA LIMIA

Toda a Baixa Limia (Muiños, Entrimo, Lobios, Bande, Lobeira) unida . A utopía que os políticos nunca alcanzan, consíguenna os Veteranos da Baixa Limia co fútbol como excusa. Sen localismos absurdos, sen protagonismos, continúan (e xa van moitos anos) a levar con orgullo o nome da súa terra por onde van.
Do seu bo facer poderían dar conta en moitos lugares, en Portugal (Vila do Conde, Caldas da Raíña, Melgaço, Terras de Bouro, Montalegre, …), Puebla de Sanabria, Segovia, Vilalba, Viveiro, Xinzo, Lalín, Mondoñedo, Manzaneda, Tui, A Gudiña … e ata en Cuba. E tamén quen os ten visitado, entre os que hai equipos de postín coma o Atlético de Madrid ou o Celta. Gañan e perden, pero sempre ten prioridade a deportividade, a amizade, a camaradería e … as moitas risas, os principios que un día motivaron a súa creación.
¿E como se financian? Case exclusivamente coas súas aportacións particulares; así pagan os seus desprazamentos en autobús, as comidas de confraternización e demáis gastos.
Terá que chegar a hora na que as autoridades da zona se dean conta da importante labor que están a facer e os axuden a continuar a bonita tarefa divulgativa da Baixa Limia.

3 comentarios:

  1. Quero felicitar o webmaster por dedicar o seu tempo nesta páxina. Un saudo

    ResponderEliminar
  2. ollo, Florentino pretende anda atras dos nosos dianteiros.
    Declaración de Bernardo: Mariño e transferible.

    ResponderEliminar