O pasado fin de semana, coa plantilla practicamente ó completo, os Veteranos da Baixa Limia desprázaronse a Ribadeo para participar no VIII Torneo Vila de Ribadeo para veteranos, xunto con outros 40 equipos de toda España e Portugal.
Os Veteranos da Baixa Limia, único representante da provincia de Ourense, quedou encuadrado no grupo F, xunto co Club Hispano de Asturias e con La Bañeza de León.
Os resultados non nos acompañaron. Perdemos 2-0 e 4-0. O equipo viuse claramente condicionado pola súa inexperiencia, así como polo deficiente scouting previo por parte do corpo técnico; a forma física tamén deixou bastante que desexar, posto que houbo moitos xogadores que chegaron pasados de forma. Parece que o míster Galán vai tomar cartas no asunto e, cara ó ano que ven, amenaza cunha preparación intensiva (hai rumores que apuntan a que xa contactou cun preparador físico de prestixio, ... da súa confianza). Incluso pretende traspasar a varios membros da plantilla e facer fichaxes de relumbrón, tirando de talonario.
"Esto é inadmisible", foron as súas palabras diante da prensa. Únicamente se salvou das súas críticas Alfonso, o gato de Parderrubias, que coas súas intervencións evitou unha catástrofe maior. Especialmente despiadado se mostrou cos dianteiros, cuxa falta de gol empézalle a resultar preocupante.
Xa a nivel extradeportivo, as cousas foron mellor. Con Castor de cicerone, recorremos os principais lugares de interés da zona, incluindo o Restaurante Cofradía de Rinlo, onde batallamos duramente cun arroz de bogavante, para compensar a frustración que nos provocaran as nosas derrotas. Aí estivemos a bo nivel. Entrada a madrugada, en Ribadeo, fixemos algo de turismo nocturno, tampouco moito, salvo Xaxo e Agacha, que se resistiron a aceptar a decepción futbolística. Quedan para os comentarios os detalles menores (as Catedrais, Rábade, o frío, ...).
É xusto agradecer a labor de Castor na organización desta viaxe. Sen as súas constantes atencións nada houbera sido igual. Gracias en nome de todos.
Ribadeo, unha experiencia máis para o baúl dos recordos bos dos Veteranos da Baixa Limia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario