Malas sensacións nos deixou o partido contra Terras de Bouro. A pesar de comezar marcando, o equipo en ningún momento estivo ben asentado no campo. Quédalle moito traballo por diante ó noso mister Galán para que o equipo mellore e poda estar a bó nivel no torneo de Ribadeo de finais de maio. Sen dúbida, a inminente reaparición de Narín, que fixo de árbitro na primeira parte, será unha boa axuda.
A cea de confraternización habitual tivo lugar no restaurante Río, á beira do encoro, servida por un ex-Veterano. Excelente o menú. Aquí houbo máis igualdade, salvo no aspecto musical, onde os amigos de Terras de Bouro nos deron un soberano repaso, aínda maior que no partido.
Por outra banda, comprácenos saber que o prestixio dos Veteranos da Baixa Limia traspasa fronteiras e ata na afastada Rusia saben de nós. O internacional portugués, Bruno Alves, xogador do Zenit de San Petersburgo, tivo o detalle de enviarnos unha camiseta do seu actual clube, asinada por el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario