lunes, 7 de enero de 2013

Torneo Benéfico en Salesianos

Os Veteranos da Baixa Limia participaron o sábado 29 nun torneo benéfico que se organizou no campo de fútbol de Salesianos, xunto con equipos de xente de baloncesto, de CD Ourense (que preside o noso "compatriota" Alejandro da Illa) e da política.
 
Perdimos a semifinal contra CD Ourense por 2-1, despois dun intenso partido que mantivo a súa emoción ata o final. O gol foi de Mariño.
 
 
 
Na loita polo 3º e 4º posto impuxémonos con certa claridade ó equipo dos políticos por 2-0, con goles do sempiterno Mariño (que llo adicaría ó seu primeiro neto recén nado) e Rubén Cota.

 
 
Os partidos xogáronse na modalidade de fútbol-8, na que debutabamos. O noso técnico, Galán, prometeu para o futuro aplicar tácticas novedosas que ten in mente e que aumentarán o rendemento do equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario