lunes, 14 de diciembre de 2009

Lotería do Neno 2010

A Asociación de Veteranos da Baixa Limia decidíu este ano participar la venda de lotería do Sorteo do Neno (Reis) de 2010, coa finalidade de financiar as súas actividades.
Os números a xogar son o 75.850 e o 51.201. Cada boleto, de 5 €, implica xogar 2 € en cada un dos devanditos números con un donativo de 1 € para os Veteranos da Baixa Limia.
Espéramos a colaboración de todos ó tempo que desexamos sorte a todos os nosos simpatizantes.
Quen queira facerse con algún boleto non ten máis que dirixirse a algún dos membros que lle facilitará os que precise.
Moitas gracias e moita sorte.

Baixa Limia, 2 - Verín, 1



Logo duns partidos nos que os resultados non acompañaron os Veteranos da Baixa Limia volveron ó camiño da victoria.


A intensidade e o ritmo de xogo, en parte motivados pola masiva concurrencia de xogadores, marcaron o partido. Por momentos o rival viuse acorralado ante a avalancha de xogo local. E eso que non eran un torcebotas; tocaban, peleaban e competían a un altísimo nivel e con moita nobreza. Sin duda a súa escasez de banquiño impedíu que conquerisen un resultado mellor.

O Verín adiantouse no marcador na primeira parte, pero dous goles de Espinete e Pedro na segunda déronlle a volta ó partido. Nas filas dos da Baixa Limia produciuse o debut de César, de Grou, que foi un dos destacados.

Coma sempre, por suposto, á finalización do encontro compartimos unhas cervexas e uns pinchos no Lusitano.