Xa hai nova data para a anunciada subida a Pena da Anamán. Será o próximo 7 de xuño, domingo, según o programa que xa indicaramos na outra entrada. A saída será desde Venceáns ou Queguas.
Parece ser que Valentín fíxose cuns queixos e unhas botellas de viño durante a súa estancia en Extremadura e quere compartilos cos que se atrevan a facer a camiñata. Así que aí tedes un argumento máis para animarvos.
Para calquera información adicional podedes poñervos en contacto con Plácido. El informaravos de todos os detalles. É conveniente que comuniquedes se vades asistir, por si acaso as vituallas de Valentín houbera que complementalas con algunha empanada de Sindo ou outra cousa. Por suposto, se queredes, podedes e debedes levar muller, fillos ou achegados/as.
Tamén tedes que saber que os camaradas Plácido e Cinco ten feito algunha saída en bicicleta e proponnos que nos sumemos a súa iniciativa, certamente interesante.
Veña, animádevos a participar.
domingo, 24 de mayo de 2009
jueves, 21 de mayo de 2009
Baixa Limia - Curas Arraianos
O domingo 10 de maio en Lobios enfrontámonos por primeira vez a un equipo portugués de nome indefinido, do que a base era o equipo de curas que participou recentemente no campionado de Europa. O encontro tivo lugar en Lobios nunha tarde desapacible.
O noso equipo estaba sensiblemente mermado pola ausencia do entrenador, Galán, aínda que se ve que ten a táctica ben traballada, pois logo dun inicio titubeante e tras encaixar un gol, sobrepuxémonos para chegar ó descanso empatados. O autor do gol foi Xaxo, cun remate de cabeza que nos fixo recordar as mellores épocas de Mariño; foi despois dunha xogada de Cinco, que, escurridizo, colouse ata a liña de fondo para poñer un centro medido.
O segundo tempo foi intenso e pouco a pouco foron caendo os goles. Pedro, dun disparo colocado, fixo o 2-1. O equipo foise arriba, apoiado no bo facer do felino Gayol na portería; en varias ocasións tivo que intervir con tino. O partido rematou cando Xavier acertou a rematar con suavidade un centro atrás de Sierra, logo dunha feroz cabalgada pola banda. O equipo rival maquillou o resultado sobre a hora. Ó final 4-2 para nós.
Cos Veteranos da Baixa Limia produciuse o debut de Jaime, un defensa aguerrido non exento de clase, que sen dúbida algunha aportará moito ó grupo.
Non podemos deixar de comentar o delicado trato de balón dos contrarios, así como a súa extraordinaria deportividade, cousa que sempre é de agradecer. Esperemos que estes encontros poidan ter continuidade.
Tras o partido tivo lugar o habitual momento de confraternización diante duns platos de pulpo e uns vasos de viño. Aquí houbo empate.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)