A próxima actividade que están preparando os Veteranos da Baixa Limia será facer unha camiñada desde Venceáns, o pobo de Xavier, ata a Vila de Castro Laboreiro, pasando polo dolmen da Casa da Moura e o imponente petouto da Pena da Anamán.
A idea constiste en seguir un dos infinitos pasos do "contrabando de supervivencia" que houbo na nosa zona.
Os atractivos da ruta son innumerables, pero tal vez conveña destacar dous: o dolmen da Casa da Moura, nun bo estado de conservación e que non lle desmerece en nada a outros de máis sona. Espetada no alto da serra está a mole granítica da Pena da Anamán, un dos tótems da Baixa Limia; se prestades algo de atención aínda poderedes ver a silueta do Tomás das Quingostas, o noso Curro Jiménez, escondéndose detrás dos penedos.
Tanquilos, tampouco nos esquecemos da paisaxe, pero eso, na Baixa Limia, ¿fai falta recordalo?
A "meta" estará situada na Vila de Castro Laboreiro, onde haberá que repoñer forzas. E que mellor forma de facelo que con bo bacalhao.
As datas que se están manexando son as de Semana Santa. Non está aínda fixado o día exacto, pero por aí. ¿Que tal o domingo 5 ou o Xoves Santo 9?
Os que esteades interesados facédeo saber, por exemplo a Plácido. Lembrade que a nosa forma física nos últimos partidos ten fallado algo e seguramente o noso entrenador Galán verá con bos ollos esta camiñata para ver se mellora.
Animádevos