miércoles, 4 de junio de 2014

A nosa "aventura" en Ribadeo


"Pero, este que fai?" Lino bota o microbús a un lado, cando xa case estamos en Gustei. Unha ollada apresurada. "Hai que dar a volta". Malos presaxios: o maleteiro "abrírase" e dúas mochilas decidiran apearse. Alfonso, o noso gardarredes,  era o damnificado. Manobra rápida e precisa de Lino e en poucos minutos ... asunto resolto. Bueno, a Alfonso caeulle un merecido rapapolvo do pai. "Esa cabeciña, rapaz, que xa tes idade."

O contratempo alterou lixeiramente o programa da viaxe. A parada en Rábade, no Beethoven, tivo que ser máis curta do desexable. En Rábade buscabamos inspiración. Falan dunhas meigas poderosas que levantan o ánimo e que te fan case invencible, ... pero desta vez non, non había o poderío que esperabamos e eso "fundiunos". 

Sierra andaba preocupado por comer cedo, por iso da dixestión. Pero o ánimo da maioría era baixo, xa se vía que o día non estaba para nós. Coma o ano pasado, mesma romería multitudinaria, mesmo picnic campestre no mesmo lugar, ... 


Tres da tarde. Nin feito a propósito, nós nunca xogamos a esa hora. Galán dubida, hoxe ten moitos efectivos. Decide arriscar e sae ó ataque. O rival, o Santa María de Portugal, precisa a victoria. Algún dos seus efectivos, insolente (hai que lle preguntar a Sierra), quere goles. Unha falta de entendemento entre o adestrador e algún xogador concedeu un par de goles. "De verdade, eu escoitei defensa de dous" . Galán é atrevido, pero defensa de dous ... na vida! Tampouco é problema, dúas ou tres filigranas, un par de paradas gatunas de Alfonso, un gol de clase de Chelis, unha entrada estilo Panadero Díaz de Cela, ... 



Seis da tarde. Os favoritos do grupo, CD Turón de Asturias, que chegarían lonxe, víronse e desexáronse para vencer 1-0. Poidemos ganar, pero iso de ter que madrugar moito ó día seguinte non o levamos moi ben... A ver se o próximo ano... O técnico, que contou coa sabia asistencia de Narín, plantexou un partido serio, con defensa ESTÁTICA ... de catro, non de dous.


Ducha apresurada, toma de posesión vertixinosa de habitacións no hotel Lar de Carmiña e arredores,. Repomos enerxías en "casa Castor". Vamos, vamos, que xa son as 8:30!. Seguro que xa non chegamos a tempo, así non pode ser!!", trinan os madridistas. Pero Lino é un conductor experimentado e as 8:44 deposítanos na cafetería onde Castor nos tiña reservadas as primeiras filas. Por suposto, para ver a final da Champions Real Madrid - Atlético de Madrid. Circulan as primeiras cervexas. Unha parte da expedición, encabezada polo presi Plácido, simula desinterés. Gol do Atlético. Ai Casillas!  "Eso non pode ser, ten que cambiar medio equipo, co que cobran e mira o que están facendo. A culpa é de Florentino. Non se moven. Ese non sirve para nada", brama Galán. De cando en vez o grupo disidente fai bromiñas desde o exterior do local para desespero dos máis madridistas. "Non vou poder exhibir a camiseta", laméntase José Manuel. Pepe da Feiravella e Jorge están mudos, case non respiran, as uñas sofren. "Esto está acabado, podémonos ir  a  cear." César desespérase. Pasan tres minutos, corner, gol de Ramos. Galán pega un brinco que non se lle vira desde fai trinta anos xogando en Sandiás. Prórroga, gana o Real Madrid. Ledicia nuns, resignación noutros. "Agora vaise entrerar o Manín" , exclama aliviado Pepe.


Cea exquisita nun dos mellores restaurantes de Ribadeo. o San Miguel. Animación futbolística, asunto case monotemático. O presi desmárcase cuns requiebros artísticos. Hai que dar unha voltiña por aí, a ver como está o ambientillo nocturno. Máis baixo ca o ano pasado, nós máis cansos (pero non polo esforzo dos partidos, non vos vaiades a crer). Unhas rapazas, de bo ver, celebran algo. Miradas furtivas e pouco máis, salvo os incansables Xaxo e Agacha, que sen resignarse decidiron "vixilalas" pola súa conta. Nun garito, Plácido e Alfonso, co esporádico acompañamento de Sindo, fanse sitio dunha maneira moi pouco ortodoxa (coa axuda das fabas), motívanse e ... gastan pista .


Control de alcoholemia. Lino nin se inmuta. "Se hai que soprar, sóprase". "Boas noites. Pode seguir."

"É moi cedo", refunfuñan os máis trasnoitadores. "Pois eu quedeime ata as cinco da mañá vendo a tele, ata que o Madrid chegou coa copa a Cibeles", solta con sorriso de orella a orella Pepe.


Tapia de Casariego, paseo para desentumecer as pernas,  Taramundi, carreteras infernais, algunha queixa, algún ronquido, ... paisaxe impresionante. As Veigas, turismo rural ben xestionado. Merece a pena ir alí.
"Fanme falta unhas navallas", Taramundi.


O regreso faise cansado. Pero na expedición hai vontade de repetir o ano que ven.

"De ben nacidos é ser agradecidos". CASTOR. Sen el, nada disto sería posible. Anfitrión extraordinario, sempre atento a todo e a todos, disponibilidade absoluta, organizador perfecto, ... MOITAS GRACIAS  (con maiúsculas) por todo.



domingo, 1 de junio de 2014

Torneo Veteranos Ribadeo 2014

Aquí temos os primeiros videos da nosa segunda aventura no torneo de veteranos de Ribadeo 2014.








domingo, 18 de mayo de 2014

Torneo Veteranos Ribadeo 2014

Os Veteranos da Baixa Limia participan por segundo ano consecutivo no Torneo Internacional Villa de Ribadeo.
Xa se coñecen os grupos.



E os horarios