Despois de moito tempo, tanto que é difícil recordar, os Veteranos da Baixa Limia conseguiron unha traballada victoria diante dun rival, os Veteranos de Calvos de Randín, que ocupa as primeiras posicións na Liga de Veteranos, na que compite.
Desta vez a táctica do entrenador Galán foi realmente innovadora. Alineou de principio un equipo coa misión de agotar fisicamente ó contrario, para finalmente facer os cambios necesarios para dar o golpe definitivo ó encontro. 4-1 foi o resultado, con goles de Rubén Cota (2), Pena e Javier.
En canto ó rival, moi poderoso fisicamente, plantou cara en todo momento e incluso se adiantou no marcador, pero finalmente viuse desbordado por o bo facer los da Baixa Limia e por a inconmensurable labor do "Gato de Parderrubias", Alfonso, que frenou en seco os intentos ofensivos dos de Calvos.
Aquí tedes un video cos minutos finais do primeiro tempo.