martes, 25 de diciembre de 2012
domingo, 25 de noviembre de 2012
Baixa Limia, 4 - Calvos de Randín, 1
Despois de moito tempo, tanto que é difícil recordar, os Veteranos da Baixa Limia conseguiron unha traballada victoria diante dun rival, os Veteranos de Calvos de Randín, que ocupa as primeiras posicións na Liga de Veteranos, na que compite.
Desta vez a táctica do entrenador Galán foi realmente innovadora. Alineou de principio un equipo coa misión de agotar fisicamente ó contrario, para finalmente facer os cambios necesarios para dar o golpe definitivo ó encontro. 4-1 foi o resultado, con goles de Rubén Cota (2), Pena e Javier.
En canto ó rival, moi poderoso fisicamente, plantou cara en todo momento e incluso se adiantou no marcador, pero finalmente viuse desbordado por o bo facer los da Baixa Limia e por a inconmensurable labor do "Gato de Parderrubias", Alfonso, que frenou en seco os intentos ofensivos dos de Calvos.
Aquí tedes un video cos minutos finais do primeiro tempo.
jueves, 22 de noviembre de 2012
Baixa Limia - Calvos de Randín, sábado 24
O próximo sábado día 24, en Muiños, os Veteranos da Baixa Limia xogarán o seu primeiro encontro invernal contra os Veteranos de Calvos de Randín. Cremos que é a primeira ocasión que nos enfrontamos a este rival, a pesar de ser un dos nosos viciños máis cercanos.
Aquí tedes algunhas fotos dos últimos partidos disputados contra os Veteranos de Bande e contra As Neves.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
