Podedes ver fotos dos Veteranos da Baixa Limia se pinchades no enlace que hai á dereita, onde pon FotosVeteranosBaixaLimia.
Se queredes tamén podedes facer comentarios nelas.
É posible velas en distintos tamaños e, por suposto, baixalas.
martes, 24 de noviembre de 2009
Gayol, eterno
Ninguén na Baixa Limia recorda o fútbol sen Gayol.
Os máis entendidos din que foi e segue sendo o xogador máis duro da zona. Argumentos non lle faltan. Calquera que queira comprobalo non ten máis ca achegarse a algún dos partidos que xogue o seu actual equipo, os Veteranos da Baixa Limia.

Pero, ¿como?, ¿segue aínda en activo? E seguirá por moitos anos ...
El non recorda con precisión os seus primeiros contactos co fútbol, pero cree que tal vez foi no colexio. Seguramente alí comezou a marcar o seu territorio, a ganarse o respeto dos rivais e compañeiros. Telo no seu equipo era unha garantía de éxito nos partidos dos recreos. Era habitual velo dándolle patadas a calquer cousa, unha botella, unha castaña, unha pedra, ... De ser hoxe en día seguro que algún avispado cazatalentos lle botaría o ollo.
A súa traxectoria futbolística coñeceu varios equipos. Muiños, Entrimo, ... e tamén o Antela tiveron a sorte de contar coa súa garra.
Esa é precisamente a súa maior virtude, a garra, a coraxe. Non se arruga ante nada nin ante ninguén. Duro, moi duro, pero nobre, moi nobre. Solidario no esforzo, é imposible velo baixar os brazos. Se o vedes no chan, queixoso, ten que ser por algo moi serio; el non fai teatro. Ó longo de moitos anos, de moitos partidos, habilidosos dianteiros tiveron a desgracia de atopalo enfrente. Algún tivo nalgunha ocasión a ousadía de facerlle un quiebro, un cañito, ... cando comezaba o encontro. Pero ... só llo facían unha vez; entón apretaba os dentes, axustaba as medias, remangaba a camiseta, mirábao a cara, desafiante, retador. Houbéralle sido mellor que o entrenador rival o cambiase, porque para ese dianteiro o partido xa rematara, cada balón que lle pasaran era balón perdido. Contan que foron moitos os xogadores que acabaron traumatizados coas súas marcaxes. Incluso hai episodios lexendarios, a medio camiño entre o mito e a realidade, como aquel que di que un xogador dun equipo contrario se negou a xogar cando soubo que ía a marcalo Gayol.
Todo un internacional da selección española, o atlético Quique Ramos, sufríu nas súas carnes os rigores da súa marcaxe. Cando pensou que todo ía a ser sinxelo, atopouse cunha rocha, Gayol. Non lle quedou máis remedio que recuar no terreo de xogo e deixar que fosen outros os que comprobaran que aquel home era puro ferro. Foi na emotiva homenaxe que os Veteranos lle tributaron a Albino, un dos iconos do fútbol da nosa comarca. Só uns meses despois foi Mosquera, do Celta de Vigo, recién retirado do profesionalismo, quen as tuvo tesas con Gayol. Aínda queda nas nosas retinas aquel duelo na banda: un, escurridizo; o outro, contundente e expeditivo. Saltaron chispas.
Agora verédelo actuar sobre todo no centro da defensa dos Veteranos da Baixa Limia, coma nos seus tempos mozos, pero non vos vaiades a creer que só xogou nesa posición. Non houbo lugar no campo que non ocupase con notable eficacia. Foi porteiro cando se precisou un porteiro, foi dianteiro cando se precisou un dianteiro, lateral, carrileiro, medio centro defensivo, ... un xogador total, de esos que a calquer entrenador gustaría de ter no seu equipo; que llo pregunten a Galán, que é quen o dirixe actualmente.
Tamén Gayol fixo algunha breve incursión como adestrador, pero eso non lle gusta tanto, non é o seu hábitat natural. O seu é o fragor da loita, os despexes de cabeza, os cruces precisos e contundentes, algún remate acrobático.
Pero nel non só atoparedes un excelente deportista. A súa faceta humana está, como mínimo, á mesma altura que a futbolística. Un extraordinario compañeiro, cumplidor coma o que máis, sempre disposto a botar unha man, sempre animoso, positivo, campechano.

GAYOL, eterno e con maiúsculas
domingo, 1 de noviembre de 2009
Terras de Bouro, 3 - Baixa Limia, 0
O sábado 10 de outubro xogamos, coma todos os anos por estas datas, o patido de "ida" cos veciños de Terras de Bouro, comandados por o amigo Xulio. É sempre agradable o desprazamento a esta zona, ademais da hospitalidade que mostran os anfitrións, polas maravillosas paisaxes que se disfrutan a través dos montes do Xurés.
O noso equipo xogou un aceptable encontro pero viuse considerablemente mermado pola pouca profundidade de banquillo, debido ás numerosas baixas de última hora. Debutaron nas nosas filas caras novas que fixeron unha boa labor e que, sen dúbida, serán unha boa axuda no futuro.
O convivio postpartido estivo, coma sempre por estas terras, moi animado. Esperamos continuar estes encontros moitos anos máis.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)