jueves, 16 de julio de 2009

Resultado do escrutinio de Vila do Conde


Aquí tedes o resultado da votación celebrada en Vila do Conde.

É unha información conxunta de Xavier e Vitor.





Votos totales


Curriculum

Sindo 2 votos
Mariño 1 "
Zé Carlos 2 "
Marinho 12 "
Jmorais 2 "
Agacha 2 "
Freitas 1 "
Xavier 1 "
Duarte 3 "
Vítor 2 "
Galán 3 "
Domingos 1 "
Lima 3 "
Carlos Alberto 1 "

Marcador

Sindo 1 votos
Mariño 23 "
Jmorais 3 "
Freitas 1 "
Afonso Carvalho 2 "
Xaxo 2 "
Vítor 1 "
Miguel 1 "
Valente 1 "

Rompe-Pernas Espanhol

Sindo 1 votos
Mariño 5 "
Gayol 15 "
Agacha 1 "
Xavier 8 "
Sierra 1 "
Valente 1 "
Pepe 1 "
Votos nulos 1

Rompe-Pernas Português

Zé Carlos 13 votos
Marinho 1 "
Freitas 17 "
Afonso Carvalho 2 "
Ramalho 2 "
Vitor 2 "



Resolucións da Xunta Electoral



Comissão de Eleições após contagem rigorosa dos votos inseridos na urna no passado dia 11 do corrente mês vem apresentar os resultados das várias eleições:



Melhor Curriculum:
1º Marinho de Portugal
2º Galán e Duarte ex aequo

Melhor Marcador:
1º Mariño de Espanha
2º João Morais de Almeida
3º Xaxo e Afonso ex aequo

Rompe-Pernas de Espanha:
1º Gayol
2º Xavier
3º Mariño de Espanha

Rompe-Pernas de Portugal:
1º Freitas
2º Zé Carlos
3º Ramalho e Afonso ex aequo

Atleta com mais votos em todas as categorias:
1º Mariño de Espanha
2º Freitas
3º Zé Carlos


O prazo de reclamações e recursos é de 86 horas contados da data da votação, 24:00 horas do dia 11.

A Comissão de Eleições delibera, por unanimidade, face à não apresentação de qualquer reclamação ou recurso dar por válida a contagem dos votos e fixar definitivamente os resultados acima descritos




Intensos debates nos instantes previos á votación

lunes, 13 de julio de 2009

Gran festa en Vila do Conde




Celebrouse o sábado 11 o partido de ida do encontro máis esperado do ano para os Veteranos da Baixa Limia contra os seus amigos (só fóra do campo) de Vila do Conde. Xa van dez anos de duras batallas. E desta vez non podía ser menos.

Foi un partido moi disputado, coma todos. Había algunhas baixas nos dous equipos, suplidas por xogadores de calidade. A espectación era grande. Seica había incluso entrenamentos secretos; hai quen di que viron a Plácido a media noite facendo controles de balón no campo da festa de Muiños, a Mariño correndo cara Olelas, a Xavier facendo músculos coas alpacas do feno, a Marinho (o de Vila do Conde) botándolle unha boa bronca a algúns dos seus (Lima, Carlos Alberto, Ramalho, Vitor, Domingos...) por non escoitar con atención a charla táctica.

Cando comezou o partido, enseguida se viron as intencións dos dous equipos, intentando tocar a bola no medio do campo, abrindo o xogo ás bandas e coidando moito de non deixar a defensa descuberta. Houbo algunhas ocasións por ambos bandos pero sen chegar a concretarse. Ata que de repente Agacha víu un despiste da defensa e púxolle un balón en profundidade a Pedro que resolveu con contundencia.

A segunda parte foi máis do mesmo. Houbo outro gol, concretizado con frialdade, como non, por Mariño, empeñado en seguir aumentando a súa xa escandalosa cifra de goles (¿alguén recorda cantos leva na súa traxectoria?). Parte do mérito está nas novas "chuteiras" de Xavier que deixaron deslumbrados ós rivais cando se colou ata a liña de fondo para dar o balón atrás.

O Vila do Conde apretou moito e é xusto recoñecer que o resultado máis xusto houbese sido un empate. Ocasións houbo para elo, como cando unha vaselina perfectamente executada foi bater no poste cando xa se cantaba o tanto.

Os árbitros non influíron no marcador, a pesares dalgunhas queixas ailladas. Tanto Marinho como Galán foron capaces de compaxinar con maestría a súa labor de entrenadores e colexiados.
E despois do partido veu o mellor: a gran festa que nos tiñan preparada os nosos anfitrións. Simplemente inesquecible. Vitor e a súa encantadora sogra puxeron a casa, e todos un trato exquisito. Da comida e da bebida, ¿que podemos dicir? O nivel de colesterol de algúns elevouse considereblemente. Sardiñas ben asadas, deliciosas; carne de picanha, empanadas, ensaladas, .... todo excelente e todo ben regado con viño branco e tinto, a cal mellor, e con esa cerveza Super Bock que tan ben baixa.

A animación foi constante. Como esquecer o "documental" que nos proxectou Vitor sobre encontros anteriores, a gracia e o dinamismo sin fin de Carlos Alberto, o grupo musical improvisado que nos amenizou a velada, ... ¡Que pena que, de repente, sexa a 1:30 h. da mañá e aínda nos esperen dúas horas de viaxe! Agora que algún xa botara unha cabezadinha e empezaba a estar animado de novo (¿verdade, Alfonso?). Coa firme intención de seguir mantendo estes encontros tan amenos, despedímonos.

Este ano aínda queda o partido de volta. Parece que os entrenadores, descontentos con nivel físico dos xogadores, teñen preparados duros entrenamentos ... a porta cerrada.

Será nese partido cando se entreguen os premios ó mellor currículum, ó mellor marcador, ó mellor rompepernas de Vila do Conde e da Baixa Limia. Hai intriga por coñecer o resultado da votación feita durante a cea. En breve comunicaranse os gañadores a través deste blog.

Aí van unhas cantas fotos


A tensión ía por dentro


O voo maxestuoso de Alfonso

Vitor e a súa encantadora sogra

Os asadores


¿Seguirán comentando O GOL?



Parecemos profesionais